Crónica VERÍN CF 0 - CD VELLE 0.
12ª xornada de Liga da Primeira Autonómica Galega (grupo IV).
O Verín CF deixouse dous puntos onte no Arjiz, na comprimida carreira
polo ascenso. O CD Velle resistiu o asedio local, especialmente na
primeira parte, e amargou contra pronóstico unha tarde que se presumía
feliz, co agardado debut de Fran Martínez coa camisola verinense.
FICHA TÉCNICA
Polo Verín CF xogaron Piollo, Cote (Diego Soto, min. 64), Xurxo, David
Ginzo, Mario, Iago Garrido, Hugo, Pablo García (Miguel Rivera, min. 76), Fran Martínez (Eloy, min. 63), Quini Cotarelo e Adrián Iglesias.
Polo CD Velle xogaron Viana, David Dalgado, Couceiro, Óscar Iglesias,
Valentín, David Gozález (Alejandro Alonso, min. 58; Borja Varela, min.
75), Marcos Álvarez (Roberto Fernández, min. 86), Diego Paz, Iago
Quintas (Cristian Blanco, min. 67), Rodrigo e David Araujo.
Arbitrou
Lucía Varela Valle, auxiliada por María Cid Rodríguez e J. Santiago
Rodríguez Gómez. Amonestou con cartón, do Verín CF, a Pablo García,
David Ginzo, Diego Soto, Eloy e Iago Garrido –expulsado por dobre
amarela no min. 70-, e do CD Velle, ó seu adestrador Jorge Pato.
CRÓNICA
Voaron dous puntos do Arjiz. Iván González presentou un once moi
ofensivo onde coincidían Hugo, Pablo Martínez, o debutante Fran
Martínez, Quini Cotarelo e Adrián Iglesias, e os locais saíron ó campo
coa mente fixa na meta do CD Velle. O equipo visitante, cos seus puntas
máis preocupados por tapar as subidas dos laterais verinenses e con
catro homes no mediocampo coa tarefa clara de destruir o xogo
combinativo local, tentou pecharse no seu campo, pero o Verín CF foi
quen de achegarse con perigo á porta de David Viana. Destacou
especialmente Mario, que cun despliegue de técnica e coraxe, impuña a
súa lei na banda esquerda. Seu foi o centro que no minuto 5 propiciou a
primeira oportunidade de Adrián Iglesias, que Viana conseguir
desbaratar, e seu foi tamén o centro que no minuto 30 recolleu Pablo
García no segundo pao, pero o seu disparo a media altura atopouse
novamente co inspirado gardarredes visitante. Trala única xogada de
ataque de mérito do CD Velle na primeira parte, o asedio do Verín CF
intensificouse nos últimos dez minutos deste periodo, con xogadas
combinativas de mérito por parte dos peloteiros verinenses, pero o CD
Velle sobreviviu a este arreón e chegouse ó descanso sen que a dobre
ocasión de Adrián Iglesias poidera mover o marcador.
No segundo
periodo, foi o CD Velle o primeiro en disfrutar dunha boa oportunidade
de gol, no minuto 58, por mediación de Iago Quintas, e comezou crer que
podía sacar algo positivo do Arjiz. Moveu Iván González o banquiño na
procura de solucións, e entrou Eloy por Fran Martínez e Diego Soto por
Cote. O Verín CF dispuxo defensa de tres coa intención de gañar a
batalla do mediocampo, que estaba a ser máis equilibrada. Pero no minuto
70 os locais quedaron con dez, ó ser expulsado Iago Garrido, e as
aspiracións de victoria quedaron seriamente tocadas. Aínda puido ser
peor, de aproveitar o CD Velle un man a man contra Piollo, pero o fútbol
non quixo ser cruel, e o partido foi diluíndose ata o silbido final da
colexiada, que certificou o 0-0 final, un resultado que obriga ós
verinenses a gañar en Barbantes para non perder máis comba cos primeiros
clasificados.
martes, 19 de novembro de 2013
martes, 12 de novembro de 2013
O SPORTING CELANOVA RESUCITA NO PEOR MOMENTO.
Crónica SPORTING CELANOVA 2 (Rubén e Diego Fernández) - VERÍN CF 1 (Hugo).
11ª xornada de Liga da Primeira Autonómica Galega (grupo IV).
Cumpriuse o dito de que “adestrador novo, victoria segura”,
e o Sporting Celanova, notablemente mellorado respecto ós últimos partidos,
derrotou 2-1 ó Verín CF, que pagou, por outra banda, a súa falta de tino cara o
gol no primeiro periodo. Os verinenses perderon a oportunidade de encaramarse
novamente a postos de ascenso, e perden ademáis para as vindeiras xornadas o
concurso de David Lopezosa, lesionado de
gravidade no ombreiro.
FICHA TÉCNICA
Polo Sporting Celanova xogaron Adrián Dopazo, Codeso, Domi (Ribao, min. 75), Sabucedo, Giorgio (Iván Vázquez, min. 64), Rubén, Luis Alberto, Recarey (Pedro, min. 46), David Vázquez, Teo e Adrián Parada (Diego Fernández, min. 46).
Polo Verín CF xogaron Jorge, Cote, Xurxo, David Ginzo (David Lopezosa, min. 30, Dani Capelas, min. 89), Mario, Iago Garrido, Luis Vilachá, Eloy, Pablo García, Miguel Rivera (Hugo, min. 57) e Quini Cotarelo.
Arbitrou Xende Martínez Vila, auxiliado por Luisa Fernanda Tobón Henao e Jesús Rodríguez Muiños. Amonestou con cartón amarelo, do Sporting Celanova, a Rubén , Jorge Domínguez e Sabucedo e, do Verín CF, a Luis Vilachá, Daavid Lopezosa, Quini Cotarelo, Hugo e Mario.
CRÓNICA
Resucitou o Sporting Celanova a costa do Verín CF. Os locais, dirixidos polo seu novo técnico Amancio Rodríguez, saíron moi motivados ó terreo de xogo, procurando levar o peso do partido, mais os verinenses controlaban as acometidas locais e levaban perigo nas contras, especialmente por medio de Pablo García, que trazaba continuamente perigosas diagonais dende banda dereita. No minuto 6 encarou sen éxito a Adrián Dopazo, no 11 escupiu o pao un disparo seu, e no 22 fóiselle cruzado un novo remate. O gol do Verín CF semellaba que chegaría en calquera momento, pero San Rosendo estaba por torcer o punto de mira dos de Iván González. Iso si, no minuto 30 Luis errou tamén un claro remate nunha xogada a balón parado, no que foi a mellor ocasión dos celanoveses. Nese mesmo minuto 30, Iván González fixo a súa primeira substitución (un dianteiro coma David Lopezosa en lugar dun central coma David Ginzo), reestructurando o equipo para pór no campo un home claro en punta preto de Quini Cotarelo que garantise máis resolución. Pero o Verín CF non atopou o camiño do gol, e ó descanso chegouse co 0-0 inicial.
Polo Sporting Celanova xogaron Adrián Dopazo, Codeso, Domi (Ribao, min. 75), Sabucedo, Giorgio (Iván Vázquez, min. 64), Rubén, Luis Alberto, Recarey (Pedro, min. 46), David Vázquez, Teo e Adrián Parada (Diego Fernández, min. 46).
Polo Verín CF xogaron Jorge, Cote, Xurxo, David Ginzo (David Lopezosa, min. 30, Dani Capelas, min. 89), Mario, Iago Garrido, Luis Vilachá, Eloy, Pablo García, Miguel Rivera (Hugo, min. 57) e Quini Cotarelo.
Arbitrou Xende Martínez Vila, auxiliado por Luisa Fernanda Tobón Henao e Jesús Rodríguez Muiños. Amonestou con cartón amarelo, do Sporting Celanova, a Rubén , Jorge Domínguez e Sabucedo e, do Verín CF, a Luis Vilachá, Daavid Lopezosa, Quini Cotarelo, Hugo e Mario.
CRÓNICA
Resucitou o Sporting Celanova a costa do Verín CF. Os locais, dirixidos polo seu novo técnico Amancio Rodríguez, saíron moi motivados ó terreo de xogo, procurando levar o peso do partido, mais os verinenses controlaban as acometidas locais e levaban perigo nas contras, especialmente por medio de Pablo García, que trazaba continuamente perigosas diagonais dende banda dereita. No minuto 6 encarou sen éxito a Adrián Dopazo, no 11 escupiu o pao un disparo seu, e no 22 fóiselle cruzado un novo remate. O gol do Verín CF semellaba que chegaría en calquera momento, pero San Rosendo estaba por torcer o punto de mira dos de Iván González. Iso si, no minuto 30 Luis errou tamén un claro remate nunha xogada a balón parado, no que foi a mellor ocasión dos celanoveses. Nese mesmo minuto 30, Iván González fixo a súa primeira substitución (un dianteiro coma David Lopezosa en lugar dun central coma David Ginzo), reestructurando o equipo para pór no campo un home claro en punta preto de Quini Cotarelo que garantise máis resolución. Pero o Verín CF non atopou o camiño do gol, e ó descanso chegouse co 0-0 inicial.
O técnico celanovense introduciu dous cambios para afrontar o segundo periodo; coa entrada de Pedro e Diego Fernández os locais deron a mellor versión de si mesmos e, ben asentados no terreo de xogo, aproveitaron a súa primeira chegada clara da segunda parte para inaugurar o marcador, no minuto 50, por medio de Rubén. O partido torcíase para o Verín CF, e Iván González reaccionou metendo en lugar do debutante Miguel Rivera a Hugo, que precisamente marcaba no 57 o empate, tras unha internada de Pablo García. Pero foi un espellismo porque os de Celanova, cheos de confianza, ían polo partido. No 73 Rubén estrelou no longueiro un libre directo, xogada que foi preludio do segundo gol local, esta vez por mediación de Diego Fernández, tras gran acción persoal. Co 2-1, e con quince minutos por diante, o Sporting durmiu o partido, aínda que os verinenses puideron empatar de novo, de culminar David Lopezosa unha xogada fabricada entra Quini Cotarelo e Hugo. Pero foron os celanoveses os que se levaron o gato á auga, e o Verín CF atopouse, non só cunha oportunidade perdida e unha derrota inesperada, senón cunha nova lesión de longa duración, a de David Lopezosa.
luns, 4 de novembro de 2013
O VERÍN CF REPONSE DO SUSTO INICIAL E LEVA OS TRES PUNTOS DE BOADO.
Crónica BOADO FC 1 (Adrián Conde) - VERÍN CF 2 (Iago Garrido e Hugo).
10ª xornada de Liga da Primeira Autonómica Galega (grupo IV).
FICHA TÉCNICA
Polo Boado FC xogaron Iago Cerredelo, Barge, Colmenero, Santi Fernández, Antonio Iglesias, Camilo, Diego Pérez, Carlos Valle (Pablo Pérez, min. 64), Pablo García, Adrián Conde (Vispo, min. 49) e Iván Míguez (Manu Rodríguez, min. 80).
Polo Verín CF xogaron Jorge, Cote (Hugo, min. 27, David Lopezosa, min. 80), Xurxo, David Ginzo, Mario, Iago Garrido, Luis Vilachá, Eloy, Pablo García, Quini Cotarelo (Dani Capelas, min. 89) e Adrián Iglesias (Saúl Arias, min. 73).
Arbitrou Iván González Campos, auxiliado por Xende Martínez Vila e Alba Grande García. Amonestou, do Boado FC, a Pablo García e Santi Fernández, expulsado por doble cartón amarelo no minuto 89. Do Verín CF o colexiado amonestou a David Ginzo, David Lopezosa e Eloy.
CRÓNICA
Saltaba o Verín CF ó campo da Moreira coa idea de amosar, ante un rival teóricamente inferior, inmerso na loita por evitar o descenso, que a derrota da semana pasada no Arjiz ante a Ponte Ourense CF fora só un accidente. Pero no minuto 3, Adrián Conde encargouse de lembrar que os partidos non entenden de clasificacións, cando se fixo cun balón de costas na frontal, zafouse –non sen un chisco de fortuna- da marcaxe de Xurxo e encarou a Jorge batíndoo de disparo raso cruzado. O gol obrigaba ós verinenses a remontar, tal e coma fixeran fronte a UP Taboadela, e puxéronse á tarefa. Non foi fácil, pois os limianos dispuxéronse a defender a renda obtida contra vento e marea, buscando nalgún contrataque outro golpe de sorte que inclinara o resultado para os de casa. O ataque verinense atopouse cun muro ben disposto, e nos seguintes minutos só Adrián Iglesias á saída dun córner tivo a oportunidade de empatar. Os visitantes non daban coa tecla, e sen chegar nin sequera á media hora de partido, Iván González decidiu prescindir dun defensa, e quitou a Cote do campo para dar entrada a Hugo. Co xoven mediapunta un chisco escorado a banda, e con Quini Cotarelo xogando entre liñas na posición de dez, o Verín CF conseguiu mover o balón con máis criterio, e as ocasións non tardaron en chegar. Un disparo de Adrián Iglesias, ben rexeitado por Iago Cerredelo, foi o preludio do gol do empate, á saída dun córner, tipo de xogada da que o Verín CF está a obter un gran rendemento nos últimos partidos. Iago Garrido aproveitou a súa envergadura para elevarse por riba dos defensas e subir o 1-1 ó marcador. Parte do traballo xa estaba feito, e Quini Cotarelo quixo rematar a remontada antes do descanso, cun zurdazo dende a frontal que se foi fóra por pouco. O xogo verinense, firme, non daba mostras de ter fisuras; só no minuto 44 o Boado FC dispuxo dun bo contrataque, mais David Ginzo, inmenso na galopada, cortou o avance de Diego Pérez. Con empate chegouse ó descanso.
Nada máis iniciarse o segundo periodo, Hugo puxo a guinda á súa gran actuación cun gol extraordinario: recibiu en banda esquerda, desfíxose do defensor cun control orientado e ante o central conectou un trallazo inapelable dende o pico da área, imposible para Iago Cerredelo. Cos limianos noqueados ante o gol, deses chamados sicolóxicos, os verinenses controlaron o partido ó seu antollo, e, pese a que o Boado FC non baixou os brazos, os de Iván González xa non temeron pola victoria, e puideron aumentar a renda nos seguintes minutos, especialmente por medio de Adrián, moi voluntarioso aínda que sen sorte onte cara portería. O partido diluiuse pouco a pouco ata chegar á fin, o que non evitou unha pequena tangana que acabou coa expulsión dun xogador local. O pitido final certificou o triunfo do Verín CF, que suma así tres novos puntos na competidísima carreira polo ascenso.
martes, 29 de outubro de 2013
O VERÍN CF SOFRE A SÚA PRIMEIRA DERROTA
Crónica VERÍN CF 0 - PONTE OURENSE CF 2 (Dani Pérez e Antonio Campos).
9ª xornada de Liga da Primeira Autonómica Galega (grupo IV).
Perdeu o Verín CF a súa condición de invicto.
Os verinenses foron donos e señores do balón, pero non souberon resolver
os seus ataques ante unha Ponte Ourense CF que defendeu ben e que
finalmente aproveitou as súas contadas chegadas á área de Piollo para
levar os tres puntos. Esaxerado premio para os meritos pontinos, pero o
fútbol non entende de méritos, senón de goles, e onte o Verín CF non
tivo a inspiración doutras tardes para marcalos.FICHA TÉCNICA
Polo Verín CF xogaron Piollo, Cote, Xurxo, David Ginzo, Mario, Luis Vilachá (David Lopezosa, min. 84), Diego Soto (Eloy, min. 32), Hugo (Iago Garrido, min. 67), Pablo García, Quini Cotarelo e Adrián Iglesias.
Pola Ponte Ourense CF xogaron David Sotelo, Figueiredo, Ángel Castro, Espejo, Viana, Eleazar (Roldán, min. 65), Conde, Diego Vázquez, Iván González, Joel Dávila (Dani Pérez, min. 59) e Moisés (Antonio Campos, min. 46, Nogueiras, min. 89).
Arbitrou Gerardo Iglesias García, auxiliado por Miriam Pousa López e Cristina Prada Vázqez. Amonestou, do Verín CF, a Piollo, Luis Vilachá, Pablo García e Eloy, e da Ponte Ourense CF a David Sotelo, Miguel Álvarez (expulsado no min. 81 por doble cartón amarelo) e Ángel Castro.
CRÓNICA
A Ponte Ourense CF chegaba ó Arjiz con moitas baixas, e, consciente das limitacións do seu equipo, o técnico Rodríguez Vázquez non dubidou en plantexar un partido conservador, tentando defender con orde e cortocircuitar as conexións entre liñas dos verinenses. O Verín CF dispuxo de inicio, non obstante, dunha gran ocasión para adiantarse no marcador e escribir un destino diferente ó partido, pero Adrián Iglesias estrelou en Sotelo un remate seco tras pase interior de Hugo. Pronto os ánimos das bancadas se enardeceron contra o árbitro, que sinalou un libre indirecto na área verinense, lanzado sen consecuencias. Da Ponte Ourense CF xa non se soubo máis en ataque, e o Verín CF acaparou a posesión de balón, tentando buscar unha grieta na defensa dos de Oira. Xa con Eloy no campo, en sustitución de Diego Soto –con problemas nos isquiotibiais-, no último cuarto de hora deste primeiro periodo tiveron os verinenses a clarividencia necesaria para achegarse con perigo á area visitante, especialmente coas subidas de Mario por banda, pero novamente Adrián Iglesias no minuto 38 atopouse con Sotelo. Quini Cotarelo rondou o gol tamén nos minutos 41 e 43, pero chegou o descanso sen que se movese o 0-0 inicial.
Na reanudación, seguiu a mesma tónica, cun Verín CF dominante e unha Ponte Ourense CF agazapada no seu campo. Os pontinos, sen a frescura inicial, incurriron en máis faltas para deter as combinacións verinenses, e estes atoparon no balón parado unha arma para facer dano. Pero Sotelo e os seus zagueiros solventaban ben as ameazas locais. No minuto 70, o fútbol deu unha bofetada ó conxunto que máis empeño tivera posto para gañar, cando Dani Pérez aproveitou un saque de portería defectuoso para plantarse só ante Piollo e batilo de disparo cruzado. Era o 0-1, xenerosa recompensa para unha Ponte ultradefensiva, pero os visitantes beneficiáronse dos caprichos do fútbol, e unha vez que uliron o aroma da victoria, loitaron a morte para defender a renda obtida. Tocou o Verín CF zafarrancho de combate, e insistiron no asedio, máis sen éxito. Ata que nunha contra, cos verinenses volcados, os de Oira fixeron o segundo no tempo de desconto, nun gran contrataque protagonizado por Antonio Campos que sentenciou o partido.
Marcharon cariacontecidos os xogadores verinenses a vestiarios, trala súa primeira derrota, máis dolorosa se cabe ó xogar ante o seu público. Pero os verinenses conservan a súa autoestima futbolística, e aspiran a recuperar o posto de ascenso perdido onte nun mes de novembro a priori propicio, ante rivais teóricamente asequibles coma Boado FC, Sporting Celanova, CD Velle e SAt Barbantes.
martes, 22 de outubro de 2013
O VERÍN CF PASA CON NOTA O EXAME DO ESPIÑEDO
Crónica CD ARENTEIRO 0 - VERÍN CF 0.
8ª xornada de Liga da Primeira Autonómica Galega (grupo IV).
Cumpriuse a tradición recente e CD
Arenteiro e Verín CF firmaron un empate sen goles. O partido tivo alternativas,
pero os defensas gañaron a partida ós dianteiros. Do empate sae máis satisfeito
o Verín CF, que sigue invicto en Liga e en postos de ascenso.
FICHA TÉCNICA
Polo CD Arenteiro xogaron Perdiz, Escudero, Xosé Lois, Diego, Dabarca, Alejandro Alberto, Iago Rodríguez (Adrián Cancelas, min. 77), Víctor Gallego, Miguel Prada (Marcos Sotelo, min. 73), Alejandro González (Omar Pereira, min. 86) e Diego Quiroga (Óscar Portos, min. 88).
Polo CD Arenteiro xogaron Perdiz, Escudero, Xosé Lois, Diego, Dabarca, Alejandro Alberto, Iago Rodríguez (Adrián Cancelas, min. 77), Víctor Gallego, Miguel Prada (Marcos Sotelo, min. 73), Alejandro González (Omar Pereira, min. 86) e Diego Quiroga (Óscar Portos, min. 88).
Polo Verín CF xogaron Jorge, Padín,
Xurxo, David Ginzo, Pablo García (Saúl Arias, min. 89), Luis Vilachá, Eloy (Iago
Garrido, min. 72), Hugo (Cote, min. 63), Quini
Cotarelo e Adrián Iglesias.
Arbitrou Diego Fernández, do colexio pontevedrés, auxiliado por José Carlos Balsa Carajaville e Juan Antonio Martínez Castro. Amosou cartón amarelo ós carballiñeses Bello (adestrador) e Alejandro González, e ó verinense Pablo García.
Arbitrou Diego Fernández, do colexio pontevedrés, auxiliado por José Carlos Balsa Carajaville e Juan Antonio Martínez Castro. Amosou cartón amarelo ós carballiñeses Bello (adestrador) e Alejandro González, e ó verinense Pablo García.
CRÓNICA
O duelo entre CD Arenteiro e Verín CF, dous dos equipos con máis solera da provincia, sempre é esperado con expectación. Ademáis, había desta volta o morbo engadido de ver vestido de verde a Víctor Gallego, e de vermello a Xurxo, Adrián Iglesias e Iago Garrido, que se intercambiaron nas filas de ámbolos dous conxuntos esta temporada. Desgraciadamente, o campo do Espiñedo non soportou ben a gran cantidade de choiva caída, e desluciu o gran espectáculo futbolístico que se prevía.
O duelo entre CD Arenteiro e Verín CF, dous dos equipos con máis solera da provincia, sempre é esperado con expectación. Ademáis, había desta volta o morbo engadido de ver vestido de verde a Víctor Gallego, e de vermello a Xurxo, Adrián Iglesias e Iago Garrido, que se intercambiaron nas filas de ámbolos dous conxuntos esta temporada. Desgraciadamente, o campo do Espiñedo non soportou ben a gran cantidade de choiva caída, e desluciu o gran espectáculo futbolístico que se prevía.
O CD Arenteiro saiu ben enchufado dende o inicio, cun extraordinario
Víctor Gallego que se botaba o equipo ós ombreiros, prodigándose ben en defensa
e en ataque. Acostumáronse mellor os carballiñeses ó resbaladizo céspede, taponaron
ben as saídas de balón visitantes e asomáronse á área verinense con criterio,
mais sen pór en verdadeiros apuros a Jorge. O Verín CF, que saía coas novidades
tácticas de Pablo García no lateral dereito en lugar de Cote, Mario e Vilachá
coma mediocentros, e con Eloy na mediapunta escorando a Hugo a banda esquerda,
foi sacudíndose o dominio local, e nos minutos 36 e 39 Adrián Iglesias,
incansable toda a tarde, rematou sen éxito dúas boas accións de balón parado. A
mellor ocasión visitante viría no minuto 40, cando un balón de Hugo paseábase
na área pequena de Perdiz sen atopar rematador.
Tralo descanso, coma na primeira parte, o CD Arenteiro volveu
levar a iniciativa. No minuto 51 Jorge desviou extraordinario un disparo de
Prada, o xogador carballiñés máis destacado nos segundos 45 minutos. Respondeu o
Verín CF no 55 cunha boa internada de Padín pola esquerda, que finalizou cun
remate de Adrián Iglesias salvado in extremis por Perdiz. Á carga o CD
Arenteiro, no 59 foi Jorge o que lle quitaba a Prada o balón do pé, tras un
centro envenenado de Quiroga. Eran os peores momentos para o Verín CF, e Iván
González deu entrada a Cote para apuntalar a defensa e adiantar a posición no
campo de Pablo García. En tarefas de extremo, Pablo García deu máis
profundidade por banda ós visitantes, osixenou ó equipo e o partido
equilibrouse novamente. O campo, cada vez máis impracticable, xa impedía
combinacións vistosas e os dous equipos optaron por un xogo máis directo. Nesas
condicións, calquer erro podía significar un gol, e en consecuencia,a derrota. Pero
as defensas actuaron con solvencia e nin uns nin outros atinaron nas últimas
oportunidades das que disfrutaron. Deste xeito, a incerteza no marcador
convertiuse paulatinamente na impresión real de que o 0-0 se mantería ata o
final. Así foi: o CD Arenteiro perdía os seus primeiros puntos en casa ante un
Verín CF que pasou con nota o exame do Espiñedo, e que segue en postos de
ascenso directo.
luns, 14 de outubro de 2013
O VERÍN CF REMONTA ANTE UNHA GRAN UP TABOADELA.
Crónica VERÍN CF 3 (Xurxo, Padín e Adrián Iglesias) - UP TABOADELA 1 (Camba)
7ª xornada de Liga da Primeira Autonómica Galega (grupo IV).
Por primeira vez na Liga tivo que remontar o Verín CF un resultado adverso, ante unha UP Taboadela que xogou unha gran primeira parte, pero que con dez xogadores, trala expulsión de Jorge, xa non puido resistir o empuxe verinense nos segundos 45 minutos. Xurxo, Padín e Adrián Iglesias contrarrestaron o gol de Camba.
FICHA TÉCNICA
Polo Verín CF xogaron Piollo, Cote, Xurxo, David Ginzo, Padín, Eloy, Luis Vilachá, Mario, Hugo (Saúl Arias, min. 73), Pablo García e Adrián Iglesias (Édgar, min. 89).
Pola UP Taboadela xogaron Álex, Joel, Brais (Hugo Domínguez, min. 69), Pablo, Adrián Oliveira (Diego Fernández, min. 76), Iván, Martín, Gil, Jorge, Bruno (Rodrigo, min. 87) e Camba.
Arbitrou Ramón Sánchez Pérez, auxiliado por Iván Manuel Marino Rodríguez e Gonzalo López Tapia. Moi protestado polos visitantes, amosou cartón amarelo ós verinenses Padín, Vilachá, Saúl Arias é ó delegado Toño, e ós taboadelanos Adrián, Rodrigo, Brais; Diego Álvarez, Jorge e o tecnico Juninho foron expulsados.
CRÓNICA
Saltou ó campo o Verín CF, coma en partidos anteriores, disposto a acadar cedo o primeiro tanto, e froito dese primeiro arreón tivo Adrián Iglesias no minuto 9 un man a man con Álex que non puido aproveitar o dianteiro verinense. Pero a UP Taboadela -o mellor rival que xogou no Arjiz ata o de agora- refíxose dese susto inicial e colleu o mando do partido, presionando ben e movendo o balón con moito criterio. Así as cousas, os visitantes uniron bo xogo a eficacia, ó acadar o exverinense Camba o primeiro tanto, no minuto 17, por medio dunha preciosa vaselina dende media distancia sobre Piollo. Era o primeiro tanto encaixado polo Verín CF en Liga, pero a peor nova era que os locais non daban atopado o xeito de contrarrestar o brío da UP Taboadela. No minuto 25 e 28 Gil puido facer o segundo, pero primeiro Piollo e despois o pao, impediron o segundo tanto. Perdoaron os amarelos, e de inmediato, no 29, do 0-2 pasouse ó 1-1, cun gol de cabeza inapelable de Xurxo tras córner botado por Cote. A estratexia a balón parado permitía ó Verín CF volver ó partido, do que marchou a UP Taboadela, que, con razón ou sen ela, se enredou co árbitro nunha lea de protestas que cargaron ós visitantes de cartóns e que conlevaron a expulsión do técnico Juniño e dun xogador do banquiño, no minuto 35. Con todo, a xogada clave do partido viría ó final do primeiro periodo, cando o colexiado apreciou agresión nunha acción de Jorge sobre Padín, amosándolle a este o camiño de vestiarios. A UP Taboadela quedaba con dez homes con 45 minutos aínda por xogar, e sen o concurso do pichichi da categoría.
Na segunda parte, Iván González cambiou do 4-4-2 inicial a un 4-3-3, colocando no campo un potente trivote dominador formado por Eloy, Luis Vilachá e Mario. Hugo, escorado á esquerda, sentiuse máis cómodo, e entre el, o propio Mario e Padín dende a súa posición de lateral esquerdo provocaron un auténtico descosido nas filas da UP Taboadela. As ocasións sucedéronse: no minuto 56 Mario gañou con claridade área pero o seu centro non atopou rematador; no 57 e no 58 Álex salvou consecutivamente un tiro de Hugo dende a esquerda e un remate de Adrián Iglesias a centro de Cote pola dereita. O Verín CF xogaba un fútbol avasalador ó que a UP Taboadela non podía contestar. A resistencia amarela terminou definitivamente no minuto 61, cando Padín sorprendeu a Álex cun lanzamento envelenado dende trinta metros. Era o 2-1, o gol que encarrilaba unha victoria que pronto se selaría co terceiro tanto, firmado por Adrián Iglesias por medio dun extraordinario testarazo que culminaba un non menos extraordinario centro de Cote. Levantou o pé do acelerador o Verín CF, rematada xa a faena da remontada, ata sentir o silbato do árbitro indicando a fin do partido, coa satisfacción de ver superada unha difícil pedra no seu camiño de retorno á Preferente. De momento, xa só a SD Nogueira de Ramuín resiste o seu ritmo de puntuación.
luns, 7 de outubro de 2013
O VERÍN CF DÁ UN GOLPE DE AUTORIDADE.
Crónica AT. VILARIÑO 0 - VERÍN CF 4 (Adrián Iglesias, Cote e Quini Cotarelo -2-).
6ª xornada de Liga da Primeira Autonómica Galega (grupo IV).
Tras seis xornadas disputadas, o Verín CF xa é lider. A contundente victoria en Vilariño por 0-4, con goles de Adrián Iglesias, Cote e Quini Cotarelo por partida dobre, nun campo de terra e de reducidas dimensións, confirma a capacidade de adaptación dos verinenses ás características da categoría e catapúltaos á primeira praza clasificatoria.
FICHA TÉCNICA
Polo Atlético Vilariño xogaron Roi, Ángel (Manu Tesouro, min. 61), Pablo Puga (Adrián Blanco, min. 55), Beni Pérez, Jorge Ramos, Álex (Dani Failde, min. 32), Poli, Rubén Domínguez, Palo, Manu Borja (Mario, min. 52) e Miguel Ángel.
Polo Verín CF xogaron Jorge, Cote, Xurxo, David Ginzo (Pablo García, min. 85), Padín, Diego Soto (Hugo, min. 46), Luis Vilachá, Mario, Eloy, Quini Cotarelo e Adrián Iglesias (Saúl Arias, min. 60).
Arbitrou Claudio Cerdeira Casas, auxiliado nas bandas por J Santiago Rodríguez Gómez e Aarón Villalonga Sancho. Amosou cartón amarelo ós locais Beni Pérez e Rubén Domínguez, e ós visitantes David Ginzo e Saúl Arias.
CRÓNICA
Saltou onte o Verín CF ó campo de Meda con novidades tácticas na aliñación. Iván González prescindiu do seu debuxo habitual con extremos e medias puntas, e apostou pola potencia no medio do campo de Diego Soto, Luis Vilachá, Mario e Eloy, e a verticalidade na zona de ataque, con dúas puntas claras, Quini Cotarelo e Adrián Iglesias. Ademáis de moi físico, o partido presumíase de ida e volta, con balóns longos sobre a área aproveitando as reducidas dimensións do terreo de xogo. Pero nese xogo directo foron os visitantes os que golpearon primeiro, nada máis arrincar o partido. No minuto 2, cando todavía moitos siareiros procuraban acomodo nas bancadas, Adrián Iglesias fixo gala da súa efectividade ó conectar coa dereita un balón raso de David Ginzo, tras unha falta botada por Cote. A loita no centro do campo provocaba faltas, que automáticamente se convertían en perigosos centros á área. Pero no balón parado o Verín CF volveu amosarse moito máis eficaz que o seu rival, coma se encargou de amosar Cote, no minuto 16, ó anotar de libre directo ante un Roi lixeiramente adiantado.
O partido tomaba non só clara cor visitante, senón que adquiría aroma de goleada. Quini Cotarelo tivo unha clara ocasión no minuto 28, tras pase de Xurxo, pero a súa vaselina sobre o gardarredes foise alta. No 37, unha combinacion entre Quini e Adrián Iglesias terminaba cun disparo duro deste que era repelido con dificultades por Roi. Mentres se cimentaba o terceiro tanto, os verinenses non pasaban apuros, e afogaban os baldíos intentos dos de Vilariño, destacando neste labor un extraordinario Xurxo e o debutante Diego Soto, que suplía co seu sentido da colocación e rigor táctico a súa longa inactividade. Só no 39 Benito asustou a Jorge, pero o porteiro verinense detivo ben en dous tempos.
Tralo descanso Hugo sustituiu a Diego Soto. Co habilidoso media punta no campo, o Verín CF terminou de desarbolar a un Atlético Vilariño que opuña unha presión menos eficaz, e que vía coma as chegadas á súa área se multiplicaban. Quini e Adrián Iglesias convertíronse nun auténtico pesadelo, e xuntos fabricaron o terceiro e o cuarto tanto, nos minutos 58 e 61. A partir dese momento sucedéronse os cambios nos dous equipos, que non cambiaron o panorama do encontro. Benito puido anotar o gol da honriña para o Atlético Vilariño no minuto 71, e Saúl Arias incrementar a conta visitante no 75, pero o marcador xa non se moveu. O último cuarto de hora foi xa mero trámite, e o colexiado certificou a que ata o de agora é a maior goleada do Verín CF, que lle permite auparse ó primeiro posto da táboa, xusto no momento no que vai recibir á UP Taboadela, actual campión da Copa Deputación, e segundo clasificado con idéntico número de puntos que os verinenses. Un auténtico partidazo no que o Verín CF deberá refrendar a excelente progresión da que está a facer gala nos últimos compromisos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




