Crónica VERÍN CF 0 - CD VELLE 0.
12ª xornada de Liga da Primeira Autonómica Galega (grupo IV).
O Verín CF deixouse dous puntos onte no Arjiz, na comprimida carreira
polo ascenso. O CD Velle resistiu o asedio local, especialmente na
primeira parte, e amargou contra pronóstico unha tarde que se presumía
feliz, co agardado debut de Fran Martínez coa camisola verinense.
FICHA TÉCNICA
Polo Verín CF xogaron Piollo, Cote (Diego Soto, min. 64), Xurxo, David
Ginzo, Mario, Iago Garrido, Hugo, Pablo García (Miguel Rivera, min. 76), Fran Martínez (Eloy, min. 63), Quini Cotarelo e Adrián Iglesias.
Polo CD Velle xogaron Viana, David Dalgado, Couceiro, Óscar Iglesias,
Valentín, David Gozález (Alejandro Alonso, min. 58; Borja Varela, min.
75), Marcos Álvarez (Roberto Fernández, min. 86), Diego Paz, Iago
Quintas (Cristian Blanco, min. 67), Rodrigo e David Araujo.
Arbitrou
Lucía Varela Valle, auxiliada por María Cid Rodríguez e J. Santiago
Rodríguez Gómez. Amonestou con cartón, do Verín CF, a Pablo García,
David Ginzo, Diego Soto, Eloy e Iago Garrido –expulsado por dobre
amarela no min. 70-, e do CD Velle, ó seu adestrador Jorge Pato.
CRÓNICA
Voaron dous puntos do Arjiz. Iván González presentou un once moi
ofensivo onde coincidían Hugo, Pablo Martínez, o debutante Fran
Martínez, Quini Cotarelo e Adrián Iglesias, e os locais saíron ó campo
coa mente fixa na meta do CD Velle. O equipo visitante, cos seus puntas
máis preocupados por tapar as subidas dos laterais verinenses e con
catro homes no mediocampo coa tarefa clara de destruir o xogo
combinativo local, tentou pecharse no seu campo, pero o Verín CF foi
quen de achegarse con perigo á porta de David Viana. Destacou
especialmente Mario, que cun despliegue de técnica e coraxe, impuña a
súa lei na banda esquerda. Seu foi o centro que no minuto 5 propiciou a
primeira oportunidade de Adrián Iglesias, que Viana conseguir
desbaratar, e seu foi tamén o centro que no minuto 30 recolleu Pablo
García no segundo pao, pero o seu disparo a media altura atopouse
novamente co inspirado gardarredes visitante. Trala única xogada de
ataque de mérito do CD Velle na primeira parte, o asedio do Verín CF
intensificouse nos últimos dez minutos deste periodo, con xogadas
combinativas de mérito por parte dos peloteiros verinenses, pero o CD
Velle sobreviviu a este arreón e chegouse ó descanso sen que a dobre
ocasión de Adrián Iglesias poidera mover o marcador.
No segundo
periodo, foi o CD Velle o primeiro en disfrutar dunha boa oportunidade
de gol, no minuto 58, por mediación de Iago Quintas, e comezou crer que
podía sacar algo positivo do Arjiz. Moveu Iván González o banquiño na
procura de solucións, e entrou Eloy por Fran Martínez e Diego Soto por
Cote. O Verín CF dispuxo defensa de tres coa intención de gañar a
batalla do mediocampo, que estaba a ser máis equilibrada. Pero no minuto
70 os locais quedaron con dez, ó ser expulsado Iago Garrido, e as
aspiracións de victoria quedaron seriamente tocadas. Aínda puido ser
peor, de aproveitar o CD Velle un man a man contra Piollo, pero o fútbol
non quixo ser cruel, e o partido foi diluíndose ata o silbido final da
colexiada, que certificou o 0-0 final, un resultado que obriga ós
verinenses a gañar en Barbantes para non perder máis comba cos primeiros
clasificados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario